CRTVG

Buscar

Rexorde a lagoa de Antela polos anegamentos na Limia

Publicado o 21/12/2019 21:34

Isto que ven, que semella unha lagoa e que, de feito, en tempos foi unha lagoa, antiga lagoa de Antela, hoxe son en realidade campos de cultivo. Aquí debería haber sementado cereal de inverno pero o que hai son cantidades inmensas de auga de todo o que leva chovido nos últimos días. Nas últimas horas estabilizouse un pouco a situación, mesmo saíu o sol, pero todo vai depender do que pase nas próximas horas, coa nova borrasca que, como ven, xa vén acompañada de forte vento.

Localidades como Paredes ou Rebordachá viron chegar a auga á porta das casas.

Rebordaron o río Limia e o seu afluente, o Nocelo. E nalgunhas zonas da Veiga do Limia, foi preciso achicar auga para liberar animais das cortes.

Tamén segue rebordado o Támega en distintas aldeas da comarca de Monterrei. En canto á conca Miño Sil, a Confederación Hidrográfica mantén a alerta vermella en tres puntos: na confluencia do Avia e o Miño en Ribadavia, na Peroxa e en Ourense cidade, onde o caudal segue oscilando entre tres mil e tres mil catrocentos metros cúbicos por segundo a cota máis alta desde o ano 2000.

Noticias web

21/12/2019