CRTVG

Buscar

Rexístrase un gromo con 6 casos no Servizo de Traumatoloxía do HULA

Publicado o 11/09/2020 19:51

A residencia de Outeiro de Rei mantense con 163 casos poisitivos entre usuarios e traballadores, e a do Incio con 108. Son as que peor escenario teñen de toda Galicia. Entre as dúas suman 21 falecidos. Pero nas últimas horas logrouse controlar a expansión do virus.

As autoridades sanitarias consideran que a situación epidemiolóxica tende a estabilizarse en toda a provincia de Lugo. O gromo máis importante segue sendo o da propia cidade, con 249 casos activos. Nas últimas horas detectouse un novo foco dentro do hospital Lucus Augusti, na área de Traumatoloxía, onde están afectados un médico, tres auxiliares e tres pacientes.

Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo: "No día de hoxe os datos que temos é que hai sete novos positivos, pero temos un número moito máis importante de altas epidemiolóxicas en relación con este gromo, polo que os casos activos baixan a diario".

Tamén volven rexistrarse gromos na Mariña. O máis numeroso en Lourenzá, con 11 posiitivos confirmados, e outro no concello de Xove, con seis casos. Desde a área sanitaria din que están controlados.

Noticias web

11/09/2020