CRTVG

Buscar

Rexístranse máis de 400 raios en toda Galicia pola tormenta da borrasca Helena

Publicado o 01/02/2019 15:41

Case 400 raios se rexistraron en Galicia, maioritariamente entre medianoite e as seis da mañá. Arestora aínda hai 439 membros da rede eléctrica sen subministración. A provincia máis afectada é a de Pontevedra, seguida de Ourense e A Coruña.

A situación intensificouse polas intensas choivas e refachos de vento que están a atravesar a comunidade. Todo axudou a que numerosos veciños se desvelaran de madrugada co estrondo dos raios.

A principal causa dos cortes de luz está a ser a caída de pólas sobre o tendido eléctrico. De cara ás vindeiras horas a situación aínda se manterá inestable e poderá deixar máis tormentas. A partir do sábado espéranse menos choivas e inestabilidade.

Noticias web

01/02/2019