CRTVG

Buscar

13.381 denuncias e 128 detencións en Galicia dende o inicio do confinamento

Publicado o 17/04/2020 20:03
13.381 denuncias e 128 detencións en Galicia dende o inicio do confinamento

As forzas de seguridade formularon 13.381 denuncias e realizaron 128 detencións en Galicia por incumprir o confinamento desde a madrugada do 15 de marzo, xornada na que entrou en vigor a declaración do estado de alarma para facer fronte á pandemia de coronavirus.   

Segundo datos da Delegación do Goberno en Galicia, Pontevedra é a provincia con máis denuncias formuladas por Garda Civil e Policía Nacional, aínda que a que rexistra o maior número de detencións é Lugo.   

· A Coruña: producíronse 2.669 denuncias e 42 detencións ao longo do último mes.

· Ourense: rexistráronse 2.000 denuncias e 22 detencións.

· Lugo: as denuncias elévanse ata as 3.572 e os detencións ata as 45.

· Pontevedra: é a provincia con máis denuncias, 5.140, pero con menos arrestos, 19.

Do día 4 de abril ata o pasado xoves, a Policía Nacional formulou 3.865 denuncias en todo o territorio galego e detivo a 56 persoas, segundo as cifras da Delegación do Goberno.

Neses días, que coincidiron coas vacacións de Semana Santa, os paseos por pistas forestais, sacar o can a dous quilómetros de distancia do domicilio ou acudir ao supermercado da vila contigua foron algunhas das faltas rexistradas por axentes da Garda Civil e da Policía Local.