CRTVG

Buscar

Rexeitan a proposta de Vox de legalizar o uso das armas

Publicado o 20/03/2019 21:34

A proposta de Vox de legalizar as armas para defensa persoal causou o rexeitamento do Goberno e dos partidos políticos. Pero a polémica, ademais de pola proposta en si, chegou por unhas declaracións de Pablo Iglesias de 2012 en que dicía que o dereito a levar armas era unha das bases da democracia. Desde Podemos din que era a reflexión dun politólogo sobre a construción da democracia nos Estados Unidos.

Nunha entrevista a unha páxina web sobre armas, o líder de Vox, reclama un cambio da Lei de tenza de armas para que os españois sen antecedentes e en plenas facultades poidan ter unha arma na casa para defenderse.

A proposta foi rexeitada de xeito contundente polo Goberno que a cualificou como insensata. O Partido Popular din que eles defenden medidas contra a delicuencia pero non que os cidadáns poidan levar armas pola rúa. No mesmo sentido pronunciáronse o Partido Socialista e mais Ciudadanos.

Pero a polémica chegou cando rescataron un vídeo de Pablo Iglesias do ano 2012. Desde Podemos non tardaron en matizar estas palabras. Explican que son a reflexión teórica dun politólogo sobre a construción da democracia nos Estados Unidos. A formación morada engade que nos catro anos que levan nas institucións nunca propuxeron que en España a xente poida levar armas.

 

Noticias web

20/03/2019