CRTVG

Buscar

Revenden os caramelos que Alejandro Sanz tirou na cabalgata

Publicado o 07/01/2020 21:14

Nos tempos que corren, calquera idea é boa para facer negocio. A ver que lles parece esta: o cantante Alejandro Sanz participou, canda os Reis Magos, na cabalgata de Cádiz. Desde a carroza de Melchor tirou os correspondententes caramelos e aínda non se limparan as rúas cando xa máis dun pillabán os vendía por Internet.

Un deles confesa que puxo o anuncio de broma e que o retirou porque lle chegaban peticións mesmo de fóra de Cádiz. Non teñen máis certificado de autenticidade que a sua palabra, e os compradores basean todo na fe. É unha proba máis de que a picaresca non morre, só se transforma.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/01/2020