CRTVG

Buscar

Reunión dos responsables de Educación e Sanidade co Consello Escolar ante o inicio do curso

Publicado o 09/09/2020 08:49

Faltan poucas horas para a volta ao cole en Galicia, e os pais apuran as compras de última hora de material escolar, en que este ano se inclúen novidades como as máscaras ou o hidroxel para a limpeza de mans e de obxectos de uso cotiá.

Tamén teñen lugar importantes reunións, como a que se vai celebrar esta tarde, ás cinco, na Cidade da Cultura. É a reunión do Consello Escolar de Galicia, en que van participar os novos conselleiros de Educación, Román Rodríguez, e de Sanidade, Julio García Comesaña.

Así mesmo, hai convocadas folgas no ensino infantil e de primaria para mañá e para o día 16. En palabras do Conselleiro de Educación, na xuntanza desta tarde con toda a comunidade educativa preténdese tender unha man aos sindicatos. Pola súa banda, os convocantes do paro agardan unha mostra de boa vontade, pero ao mesmo tempo denuncian a imposición duns servizos mínimos que consideran abusivos xa que, por exemplo, por razóns de prevención sanitaria, prevén a presenza do cen por cento do persoal de limpeza, cociña ou auxiliares coidadores.

Noticias web

09/09/2020