CRTVG

Buscar

Retrospectiva de Antón Goyanes no Museo do Mar de Vigo

Publicado o 18/10/2018 18:22

Esta escolma pictórica trae ao presente obras desde o ano 1968 ata as máis recentes de 2017. Antón Goyanes garda as maquetas das obras de gran formato que realizou para espazos públicos. 'Unha escolma pictórica', de Antón Goyanes, pode verse no Museo do Mar de Vigo ata o 25 de novembro.

"Eu tiña moito respecto ao feito de expoñer e entón, tardei bastante. Pero, nese momento, cando xa tiña pintados estes cadros, eran para Autoridade Portuaria, para a antiga estación marítima de ría, hoxe desaparecida. Pedinos para que se me deixasen. E desde entón seguín traballando".

"Estes son cadros do ano 68, hai 50 anos e a partir de entón, o meu discurso foi por outro camiño".

"Digamos, que é un resultado de viaxes".

"Eu cando a obra sae do meu taller, do meu estudio, considero que son xa intocables".

"Ao mellor levo algunha sorpresa, no sentido de que o facía mellor antes".

"A min gústame moito a realización de traballos de gran tamaño. Aqueles donde te metes maís dentro de ese espazo. Ese espazo que en principio te domina pero que estás, adiante atrás, traballando, compoñendo, eso me interesa. Fixen, afortunadamente, bastantes traballos de tipo mural, de tamaño grande. Como o pano cortalumes do Teatro Principal de Pontevedra, a Cooperativa de armadores, as columnas do porto pesqueiro".






 

Noticias web

18/10/2018