CRTVG

Buscar

Retómanse as obras de conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas

Publicado o 15/04/2020 14:46

Retomáronse esta semana as obras de conexión do polígono industrial de San Cibrao das Viñas coa Autovía A-52.

A conselleira de Infraestruturas supervisounas hoxe por videoconferencia. Avanzan, din, co ritmo necesario para o seu remate no verán, e fan especial incidencia en que os operarios traballan con material de protección, gardan a distancia de seguridade, extreman as medidas de hixiene e teñen protocolos para as zonas comúns.

En canto ao progreso dos traballos, estes atópanse ao noventa por cento da súa execución total.








 

Noticias web

15/04/2020