CRTVG

Buscar

Retíranlle a patria potestade do fillo polo abandono dos deberes como pai

Publicado o 15/01/2020 14:29

A Audiencia Provincial de Ourense acaba de ditar sentenza polo abandono grave e reiterado dos seus deberes como pai. Ve falta de interese. O neno ten agora 13 anos e segundo consta no escrito non sabe nada do pai dende os seis.

A sentenza dálle a razón á nai do menor que considera acreditado, a través de todas as probas presentadas e da propia declaración do menor, que estivo desatendido tanto a nivel emocional como económico.

O menor non quere ningún tipo de relación e cualifica o seu proxenitor como un estraño.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020