CRTVG

Buscar

Retíranlle a custodia á nai en Lugo detida por maltratar o fillo de 13 anos

Publicado o 28/04/2020 14:11

En Lugo, o xuíz investiga por maltrato continuado a muller detida despois de que a policía atopase de madrugada o seu fillo de 13 anos correndo descalzo pola rúa. Retiroulle, ademais, a custodia do menor.

Este contou que fuxira da casa despois que a nai o agredira. A muller botou unha noite nos calabozos e pasou onte a disposición xudicial. Despois quedou en liberdade, pero cunha orde de afastamento do rapaz, cuxa acustodia pasou a mans doutro familiar.







 

Noticias web

28/04/2020

Máis sobre Lugo