CRTVG

Buscar

Restricións extraordinarias en Ourense, a área sanitaria con máis casos activos de covid-19

Publicado o 05/10/2020 13:41

O primeiro día laborable en que están vixentes as novas restricións na cidade de Ourense, coas prohibicións máis duras de toda Galicia, toca tomar café en solitario. As primeiras medidas restritivas na cidade entraron en vigor o día tres de setembro.

Logo as limitacións fóronse endurecendo polas rúas do barrio do Couto ata incluír todo o municipio. Os hostaleiros cren que o sector está abocado ao peche. 

Javier Outomuro, presidente da Unión de Hostaleiros de Ourense di que "ninguén" entende as medidas que se están a tomar, "son un despropósito". "Non podemos tomar café con ninguén que non sexa da unidade familiar, pero si estamos traballando 8 horas con alguén na oficina e non podo tomar café con el abaixo. É un despropósito", engade.

Con 475 contaxiados, a cidade de Ourense acumula case a metade dos casos positivos de toda a provincia. Esta área sanitaria é a que ten máis infectados de toda Galicia desde hai tres días.

Hoxe xa son máis de mil casos activos, 91 máis ca onte. 73 persoas están hospitalizadas e Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, sete delas en coidados intensivos.




 

Noticias web

05/10/2020