CRTVG

Buscar

Os temporais deixan paso a uns días secos e con temperaturas moderadas

Publicado o 23/12/2019 15:32

Despois da tormenta chega a calma, e nunca mellor dito, porque tras o paso de Elsa e Fabien por Galicia, este inicio de semana trae consigo cambios importantes no tempo.

Malia que esta xornada os paraugas aínda eran necesarios, todo apunta a que a partir deste martes xa poden quedar na casa.

Uns cambios que no mar aínda se van facer esperar unhas horas xa que ata as 9 da noite continúa activado o aviso amarelo na costa.

Tranquilidade que segundo apuntan os modelos meteorolóxicos vaise manter durante toda a semana.

 

 

Noticias web

23/12/2019