CRTVG

Buscar

Restablecen a subministración de auga na rúa Rei Don García

Publicado o 18/11/2019 19:43
Restablecen a subministración de auga na rúa Rei Don García

A rúa de Lugo que quedara sen subministración de auga durante toda a fin de semana recuperou o servizo a primeira hora desta tarde, unha vez o Concello reparou a avaría. A intervención, que consistiu no arranxo das canalizacións de fibrocemento, permitiu que os centos de veciños afectados, residentes na rúa Rei Don García, puidesen volver dispoñer de auga nas súas vivendas.

Posto que a brigada de Augas non dispón de persoal durante a fin de semana, foi preciso agardar ata hoxe para restituír o servizo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019