CRTVG

Buscar

Resolvemos as dúbidas sobre o tipo de máscara recomendable en cada situación

Publicado o 28/01/2021 18:01

A estas alturas se algo debemos ter claro é que o uso de máscara é esencial para evitar a transmisión do virus. Pero sabemos cales debemos usar en cada situación?

Tres son os tipos de máscaras que hai no mercado: as hixiénicas, desbotables ou reutilizables, as cirúrxicas e os equipos de protección individual (FFP2 ou FFP3). O que as diferencia é o nivel de protección que nos ofrecen.

As de tea, se son homologadas e certificadas, son aptas para espazos exteriores. Pero hai que ter en conta outro factor: a durabilidade.

O tempo máximo de uso das máscaras hixiénicas e cirúrxicas desbotables é de 4 horas. Se se mollan hai que substituílas antes. As FFP2 podemos usalas 8 horas ou 12 as que teñen distintivo R. Pasado ese tempo perden a súa eficacia.

Os expertos insisten na importancia de evar a máscara ben posta: axustada, tapando boca e nariz.

Noticias web

28/01/2021