CRTVG

Buscar

Resolvemos as dúbidas que suscitan as novas normas

Publicado o 21/01/2021 16:55

Podo levar o meu fillo a clases particulares a outro concello?

Si. O último decreto da Xunta contempla como excepción a asistencia a academias, clases de reforzo educativo, conservatorios e escolas de música. En cambio, non está permitido saltar os peches perimetrais para ir a actividades extraescolares.

Podo saltar o peche perimetral para coidar animais ou atender a horta? 

Si, os dous casos están incluídos entre os motivos xustificados para saltar os peches perimetrais. Pero ollo, debe haber documentos que acrediten a propiedade. 

Podo ir adestrarme se a miña escola deportiva está noutro concello?

A resposta é non. Os adestramentos están permitidos a nivel individual ou en grupos de catro persoas, pero sempre adaptándose aos peches de cada concello a ao toque de recollida. A excepción son os deportistas que participan en competicións de ámbito estatal.

Que pasa cos ximnasios?

Están abertos coa ocupación á metade. Pode realizarse actividade deportiva individual ou en grupo, ata un máximo de catro persoas excluído o monitor. Os vestiarios e as duchas non poden usarse.

Podo saír do meu concello perimetrado a outro para ir facer a compra?

Non, non está contemplado como excepción.

Noticias web

21/01/2021