CRTVG

Buscar

Cinco galegos entre os 30 rescatados tras o incendio dun pesqueiro en Angola

Publicado o 20/10/2020 14:41

Trinta mariñeiros, entre eles cinco galegos, a maioría de Marín, foron rescatados nas últimas horas en augas de Angola despois de que se incendiara o seu buque.

O pesqueiro, un conxelador con base en San Sebastián, estaba a unhas 20 millas do porto angolano de Lobito. Salvamento Marítimo coordinou o rescate desde Madrid.

Ademais de galegos, a bordo viaxaban peruanos, senegaleses, angolanos e un cidadán ghanés. Ningún deles quedou ferido.

 

Noticias web

20/10/2020

Máis sobre actualidade