CRTVG

Buscar

Rescate milagroso dun bebé sepultado por unha avalancha en Colombia

Publicado o 28/02/2020 13:34

Rescate milagroso dun bebé de nove meses en Colombia. O pequeno quedara sepultado canda a súa familia por unha avalancha de lama e de pedras. Seus irmáns de 5 e 9 anos e a nai deles seguen desaparecidos.

O pequeno Dilan era localizado con vida seis horas despois de que se producira unha avalancha de lama e pedras. Foi un veciño quen deu co bebé, de nove meses, baixo unha morea de cascallos.

Dilan era un dos doce desaparecidos desta zona rural do norte de Colombia, castigada desde hai días pola chuvia torrencial. Alí vivía o pequeno canda seus pais dous irmáns de 5 e 9 anos. Da nai e dos irmáns non se sabe nada.

O pai logrou sobrevivir e, segundo contou el mesmo, metera o pequeno Dilan nunha caixa, cando viu que a avalancha de lama os arrastraba a todos. O bebé está ingresado nun hospital para avaliar o seu estado de saúde.

Noticias web

28/02/2020