CRTVG

Buscar

Rescate complicado dun ciclista que caeu nunha ponte sobre o río Jarama, en Madrid

Publicado o 20/10/2020 08:19

Un ciclista de 56 anos quedou ferido en Madrid o luns ao mediodía ao caer entre as travesas dunha antiga ponte de ferrocarril. Corenta e cinco minutos duraron os labores de rescate, que se complicaron porque había risco de caída para os profesionais de Emerxencias. Outros ciclistas que acompañaban o accidentado, bombeiros de profesión, axudaron nos traballos de rescate. O ciclista ferido foi trasladado ao hospital da Princesa de Madrid.

Noticias web

20/10/2020