Rescatan unha anciá que caeu ao mar dende o porto da Coruña
Publicado o 25/11/2020 23:10
Enrique paseaba cos seus cans pola zona portuaria da Coruña. Foi dos primeiros en escoitar os berros de auxilio da filla da anciá que acababa de caer á auga e non o dubidou.
Coa axuda doutra persoa que lle lanzou unha corda desde a beira, Enrique puido chegar ata as escaleiras do peirao. A consecuencia do impacto a muller, de 82 anos, sufrira unha parada cardiorrespiratoria polo que houbo que practicarlle manobras de reanimación.
A caída foi fortuíta. A anciá caeu accidentalmente, tras tropezar, cando paseaba na compaña da súa filla. Foi trasladada ao CHUAC onde quedou ingresada na unidade de coidados intensivos.
Máis sobre A Coruña
27/01/2021 15:53
27/01/2021 15:08
27/01/2021 14:25