Rescatan un bebé entre os cascallos dun edificio nos Urais
Publicado o 02/01/2019 18:24
Os equipos de rescate rusos atoparon vivo un bebé entre os cascallos dun edificio. A meniña, de 11 meses, estivo 24 horas atrapada despois da explosión de gas que se producía pouco antes da Noitevella nunha cidade dos Urais. Os choros da pequena permitiron localizala e comezar a operación de salvamento. Decenas de especialiastas participaron no rescate e mesmo empregaron canóns de calor, xa que a meniña sobreviviu a temperaturas de ata 20 graos negativos.
Segundo os primeiros informes médicos, a nena ten mancaduras na cabeza e hipotermia. Os traballos de rescate continúan entre os cascallos, aínda que as baixas temperaturas están a reducir a posibilidade de atopar máis superviventes.