CRTVG

Buscar

Rescatan tres surfistas na praia de Valdoviño, que desoíron a alerta vermella no mar

Publicado o 30/10/2020 11:10

Acábannos de chegar as imaxes do rescate de tres surfistas na praia de Valdoviño. É a gravación desde o helicóptero de Salvamento Marítimo, o Helimer 204, que sacou dunha zona de rochas onde quedaran atrapados os tres afeccionados.

Estaban facendo surf na punta Frouxeira a pesar da alerta vermella no mar. Había ondas de máis de oito metros. Só un deles foi trasladado ao hospital por ter varios cortes e golpes na cadeira.

 

 

Noticias web

30/10/2020