CRTVG

Buscar

Rescatan en Bueu dous mariñeiros tras bater a embarcación contra as rochas

Publicado o 22/04/2020 14:24

Dous mariñeiros de Bueu foron rescatados con vida logo de que a embarcación en que pescaban fose contra as rochas en cabo Udra, Bueu.

O accidente aconteceu de madrugada cando, ao parecer, un cabo quedou enganchado nunha hélice. Perante o risco de ir contra as rochas, os dous tripulantes do Batman, que se dedica á pesca do polbo, lanzáronse ao mar.

Outro barco de Bueu, o Azor 14, que se encontraba nas proximidades, rescatounos da auga e levounos a terra sans e salvos. O Batman quedou á valga e acabou encallado entre as pedras.

Noticias web

22/04/2020