CRTVG

Buscar

Rescatan dúas cadelas en Baralla que pasaron 24 horas no barranco dunha canteira

Publicado o 15/01/2019 14:38

Houbo que rescatar dúas cadelas de caza tras caeren por un precipicio en Baralla, dende unha altura duns 35 metros. Para recuperar os animais, que pasaron toda a noite no barranco dunha canteira, foi necesario un dispositivo formado polos bombeiros de Sarria, o GES de Becerreá e máis a Garda Civil.

Dúas cadelas de caza pasaron case 24 horas atrapadas no medio dun precipicio en Baralla. Perseguiron un xabaril nunha batida ata que caeron na canteira de Sixirei, onde permaneceron ata que foron rescatadas. Debido á dificultade do terreo, foi preciso un gran dispositivo, en que participaron os axentes da Garda Civil, os efectivos do GES de Becerreá e mais os bombeiros de Sarria, un dos cales descendeu dende unha altura de 35 metros para rescatar os animais.

As cadelas, unha de raza grifón e a outra sabuxa, foron rescatada sas e salvas. Malia caeren por un precipicio, estaban ilesas, aínda que deshidratadas tras botaren case un día enteiro sen beber ao non poderen ser rescatadas antes.

Segundo informaron os servizos de urxencia, a cerca do barranco estaba rota, polo que tamén puido caer unha persoa.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2019