CRTVG

Buscar

Rescatada unha nena en mar aberto navegando sobre un flotador

Publicado o 25/08/2020 09:15

Rescatan unha nena de 4 anos a case un quilómetro da costa Antirrio, en Grecia. A pequena vagaba no mar sobre un flotador, cando foi atopada pola tripulación dun barco.

As correntes do mar arrastrárona lonxe da praia onde estaba coa súa familia. No momento do rescate a menor atopábase en estado de conmoción, pero non sufrira maiores danos.

Noticias web

25/08/2020