CRTVG

Buscar

Requisan milleiros de máscaras e luvas de uso médico en Santiago, na Coruña e en Vigo

Publicado o 18/03/2020 21:07

As forzas de seguridade requisaron nas últimas horas unhas 100.000 máscaras e outro material de protección médica en diferentes puntos de España. A maioría das incautacións foron en aeroportos, entre eles o de Santiago.

En Zaragoza mesmo paralizaron unha poxa de máscaras que se ía realizar por Internet. Tamén houbo unha requisa de 5.500 máscaras na Coruña. E en Vigo a Policía Local incautouse de 40.000 luvas de uso sanitario nun almacén.

Todo o material quedou á disposición das autoridades.

 

Noticias web

18/03/2020