CRTVG

Buscar

Renfe suprime o tren hotel desde as cidades galegas ata Madrid ou Barcelona

Publicado o 27/05/2020 16:19

A Coruña é unhas das cidades galegas que vai perder a conexión ferroviaria en horario nocturno con Madrid e Barcelona. Coma ela tamén Vigo, Ponteveda e Ferrol. O tren hotel xa arrastraba unhas perdas anuais duns 25 millóns de euros. Por iso a compañía foi progresivamente reducindo o servizo, de maneira que antes da pandemia xa eran só dúas as conexións que prestaba en España e unha internacional.

Eses trens van sempre completos e non esiximos os motivos da supresión polo tantio esiximos que se manteñan, que Renfe aumente o servizo de cabinas individuais debido á pandemia sería unha das mellores solucións aumentar o número de coches para que estes trens hotel sexan un servizo público que garanta a moilidade

Na progresiva volta á normalidade Renfe ten programado o reinicio dos servizos máis rendibles e cun alto nivel de viaxeiros para recuperar parte das perdas provocadas por estes meses de crise sanitaria.

Noticias web

27/05/2020