CRTVG

Buscar

Renfe recupera a normalidade, pero por agora con menos frecuencia desde Galicia

Publicado o 26/06/2020 14:38

Apenas hai movemento de trens e de viaxeiros na estación de Guixar, en Vigo. Desde aquí operan os trens de longo percorrido que por agora non recuperaron as frecuencias de antes da crise sanitaria.

Polo momento Renfe non incorpora os trens hotel que conectaban pola noite con Madrid e Barcelona desde Vigo. Coa capital tan só hai duas fecuencias diarias e tres á semana con Barcelona. Tampouco o tren Celta que enlaza Vigo con Oporto nin a conexión con Bilbao comezaron a operar.

Desde Renfe dín que a oferta se ampliará a medida que se recupere a demanda. Respecto aos trasbordos en autobús entre Ourense e Zamora continuarán uns días máis. Estaba previsto que o corte na liña polas obras da alta velocidade rematase este venres pero debido aos atrasos na documentación da avaliación dos traballos alongarase durante polo menos esta fin de semana.

Noticias web

26/06/2020