CRTVG

Buscar

Renfe pon á venda 30.000 prazas diarias para os seis próximos meses

Publicado o 18/06/2020 14:25

Desde hoxe xa se poden mercar os billetes para viaxar en tren por toda España a partir do próximo luns, 22 de xuño, cando se levantan as restricións á mobilidade pola crise sanitaria.

Renfe oferta 30.000 prazas diarias, incluídos o AVE e a longa distancia, que irán incrementándose gradualmente a medida que se vaian recuperando os índices de ocupación dos convois previos ao estado de alarma.30.000 prazas diarias é a oferta de Renfe para entrar na nova normalidade.

Os billetes xa están á venda para viaxar entre o 22 de xuño e o 12 de decembro.

A oferta de prazas, que inclúe os trens AVE e de longa distancia, irá aumentando gradualmente a medida que se vaian recuperando os índices de ocupación previos á emerxencia sanitaria.

A compañía ferroviaria incorpora ao servizo 32 frecuencias diarias, ata un total de 98, o que supón un 46 por cento máis de convois que a oferta actual.

Renfe elimina os servizos de restauración a bordo, o repartimento de auriculares e prensa e a venda de artigos, e reforza as medidas de hixiene e seguridade.

Durante a crise sanitaria, Renfe devolveu case un millóns de billetes por importe superior aos 38 millóns de euros e máis de 25.000 traballadores sanitarios viaxaron gratis nos seus trens.

 

Noticias web

18/06/2020