CRTVG

Buscar

Renfe incrementa o prezo dos billetes a partir do día un

Publicado o 28/12/2019 21:53

A clientela habitual pode estar tranquila, porque o prezo dos abonos de tren de dez ou máis viaxes vaise manter coa chegada do novo ano.

Para estas persoas que viaxan de xeito esporádico a cousa cambia. A partir do 1 de xaneiro notarán a suba no billete, sobre todo nos trens de media distancia alta velocidade. O traxecto entre Vigo-Urzáiz e A Coruña subirá 22 céntimos e o de Ourense-Santiago no Avant 21. É o 1,2 por cento máis do que custa na actualidade. Malia todo, este medio de transporte non perde a súa afección incondicional sempre disposta a gabar as súas bondades.

Renfe incrementa a súa tarifa xeral en plena campaña de promoción da súa nova proposta de alta velocidade de baixo custo. Falamos do AVLO, que se estrea en abril entre Madrid e Barcelona con prezos por traxecto de entre 10 e 60 euros.

Noticias web

28/12/2019