CRTVG

Buscar

Renfe freta autobuses para conectar Galicia con León por causa dunha avaría

Publicado o 02/03/2020 18:00
Renfe freta autobuses para conectar Galicia con León por causa dunha avaría

O clima ocasionou o desprendemento de máis de 800 metros de catenaria e obrigou a cortar desde esta madrugada pasada a circulación ferroviaria entre León, Galicia e Asturias. Renfe informa que a reparación durará, previsiblemente, 24 horas, así que ata esta nova madrugada o servizo non estará restablecido. Os trens afectados son en total 32.

Renfe informa de que ofrece servizo alternativo por estrada para os usuarios que viaxan nestas liñas. En concreto, esta avaría, que se espera reparar nunhas 24 horas, foi rexistrada cando o tren hotel que conectaba Madrid-Chamartín e Ferrol se desprazaba pola zona sobre as 4:00 horas deste luns. Ademais, o desprendemento ocasionou que os viaxeiros dos trens de media distancia que circulan entre Asturias e León deban realizar por estrada o tramo comprendido entre esta última localidade e A Robla, situada na mesma provincia.

Noticias web

02/03/2020