CRTVG

Buscar

Renden homenaxe a Gregorio Ordóñez cando fai 25 anos do seu asasinato pola ETA

Publicado o 23/01/2020 14:53

Fai hoxe vinte e cinco anos a ETA asasinaba a Gregorio Ordóñez. Para manter a memoria do que era naquel momento presidente do PP de Guipúscoa e tenente de alcalde de San Sebastián, esta mañá inaugurouse unha exposición que reuniu gran parte da familia popular.

Máis de trescentos obxectos persoais lembran a figura e o legado de Gregorio Ordóñez. A súa viúva defende a vixencia do seu discurso político, reclamando a marxinación da ETA e da esquerda abertzale.

Á inauguración asistiu o lehenkari Urkullu e tamén acudiron moitos dos que compartiron carreira política con Ordóñez.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/01/2020