CRTVG

Buscar

Remolcan unha embarcación de recreo que quedara á deriva en Aldán

Publicado o 05/07/2020 22:38
Remolcan unha embarcación de recreo que quedara á deriva en Aldán

Unha embarcación de recreo con catro persoas a bordo foi remolcada este domingo pola Garda Civil. A lancha quedara á deriva por un fallo do motor na ría de Aldán. Os axentes remolcárona ata o seu porto base en Moaña sen que ningún dos tripulantes sufrise danos.

Noticias web

05/07/2020