CRTVG

Buscar

Remdisivir, primeiro antiviral autorizado contra a covid-19 nos EUA

Publicado o 23/10/2020 09:02

O Remdisivir convértese no primeiro tratamento contra a covid-19 aprobada pola axencia de medicamentos dos Estados Unidos.

O antiviral de Gilead recibira en maio unha autorización de emerxencia para permitir o seu uso durante a pandemia. Agora, con todos os permisos, a farmacéutica agarda fabricar este ano máis de dous millóns de doses.

O propio Donald Trump foi tratado con este medicamento durante a súa convalecencia por coronavirus.

Noticias web

23/10/2020