CRTVG

Buscar

Remata en Compostela o Alguén que respira

Publicado o 22/09/2020 22:02

Rematou en Compostela a terceira edición de Alguén que respira, o festival de poesía que trae ao país palabra e sentimento. Durante tres días, e nunha edición marcada polas medidas de seguridade, a poesía de aquí e de fóra emerxou entre a pandemia.

Sen suavizar en ningún momento as medidas de seguridade e cunha acollida case selectiva de 60 persoas, remataba en Compostela o Festival da Poesía. Alguén que respira despediuse entre versos, reivindicacións e sentimentos. Na súa última noite, o espectáculo de Rompente Que hostia din os rumorosos e unha estrea: Linguas elementais, de Mercedes Peón e María Reimóndez.

Espazos que se encontran e encontros que xa teñen un espazo en Compostela. Só co poder da poesía, o próximo ano volverá facernos respirar.

Noticias web

22/09/2020