CRTVG

Buscar

Remata a vendima nas Rías Baixas cun aumento do 10% da colleita

Publicado o 18/09/2020 21:08


A vendima na Denominación de Orixe Rías Baixas está a piques de rematar. Na maioría das zonas xa acabaron coa colleira. Os viticultores este ano destacan a calidade da uva coa axuda do bo tempo de xullo e a auga de agosto. Sobre a cantidade, estiman que este ano superaran nun 10% o recollido o ano pasado.
Agora o traballo está xa no interior das adegas.

Os produtores coinciden e que descenderon as vendas de viño para a hostalería, pero a cambio increentaronse moito as vendas en tendas e supermercados, e non só no mercado nacional, senon tamén no estranxeiro, que cada vez reclama máis caldos galegos.
Estiman que a vindeira semana rematará a vendima nas Rías Baixas.

Noticias web

18/09/2020