CRTVG

Buscar

Remata a temporada alta nas Illas Atlánticas

Publicado o 15/09/2020 13:42

Estes viaxeiros son dos últimos que visitarán as Cíes nesta temporada de verán. As Illas Atlánticas foron un dos destinos estrela, e a nova normalidade non afastou os turistas.

Á espera dos datos oficiais, este ano visitaron o parque unhas 300.000 persoas, 200.000 delas as Cíes e o resto Ons, Sálvora e Cortegada. O peche da temporada de verán non significa que pare a actividade.

Comeza agora a recta final de ano, con ocupación reducida de 1.800 a 400 persoas ao día en visitas sempre guiadas.

Noticias web

15/09/2020