CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Reivindicacións das mulleres nunha festividade local na Coruña

Publicado o 08/03/2018 14:38
Na Coruña as reivindicacións das mulleres coincidiron cunha festividade local. Por iso destaca o caracter lúdico de moitos dos actos programados para esta xornada. Entre eles un roteiro, que serviu para seguir as pegadas da mulleres na construción da cidade e concentracións, coma esta, convocada na praza de Tabacos, que rematou coa lectura dun manifesto. Tamén houbo concentración das traballadoras do Hospital Universitario da Coruña.