CRTVG

Buscar

Reino Unido acepta tramitar a euroorde contra Clara Ponsatí

Publicado o 08/11/2019 20:32
Reino Unido acepta tramitar a euroorde contra Clara Ponsatí

Reino Unido acepta tramitar a euroorde contra a ex-conselleira da Generalitat Clara Ponsatí. A Axencia Nacional Contra a Delincuencia aceptou o escrito remitido polo xuíz español do Tribunal Supremo Pablo Llarena para proceder á dentención da líder independentista e tramitar a súa entrega a España. O avogado da ex-conselleira informou de que Ponsatí comparecerá ante a policía escocesa en Edimburgo o xoves 14 de novembro para ser posta a disposición xudicial.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019