CRTVG

Buscar

Regresa ao mar a tartaruga que varou en Boiro

Publicado o 08/07/2020 13:50

Abanqueiro xa respira liberdade e navega mar adentro, onde os biólogos confían en que atope a súa ruta estacional, que comezou nas augas do Caribe.

Este exemplar novo de tartaruga común de pouco máis de 2 quilos apareceu na praia de Abanqueiro, de aí que leve o nome desa parroquia de Boiro.

O equipo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños que a recolleu descubriu que padecía unha obstrución intestinal causada por inxerir plásticos.

Xa recuperada, a Abanqueiro só lle queda nadar e gañar os 40 quilos de peso que pode acadar na idade adulta.

Noticias web

08/07/2020