CRTVG

Buscar

Refórzanse os controis de tráfico para evitar viaxes inxustificadas

Publicado o 17/04/2020 15:30

Prohibidos e con sancións importantes para quen salte esta restrición. Chegada a fin de semana, nas saídas das grandes cidades refórzanse con controis para persuadir a quen tente viaxar a segundas residencias.

O Ministerio do Interior acaba de distribuír unha guía onde explica os distintos tipos de infraccións e as sancións correspondentes. Varios exemplos: 1.500 euros por viaxar á segunda residencia, 601 euros por desprazamento non xustificado ou 2.000 euros por menosprezo aos axentes.

Noticias web

17/04/2020