CRTVG

Buscar

Refórzanse os controis de Tráfico para evitar viaxes entre provincias

Publicado o 15/05/2020 20:36

Coa entrada na fase un retomáronse máis actividades e nótase un maior tránsito de vehículos, pero estes desprazamentos serán especialmente vixiados durante a fin de semana. Os límites entre provincias son un dos puntos onde a Garda Civil de Tráfico intensificou os controis para evitar desprazamentos a segundas residencias, algo que só está permitido dentro da mesma provincia.

Outro dos puntos estratéxicos onde haberá especial vixilancia é no límite entre Lugo e León. Tráfico lembra que hai territorios en fases diferentes e os controis serán máis exhaustivos para evitar a propagación do coronavirus.

Tráfico lembra que ante desprazamentos non xustificados os condutores terán que dar a volta e, ademais, serán propostos para sanción e estas parten de 600 euros ata contías moito máis elevadas.

Noticias web

15/05/2020