CRTVG

Buscar

Redondela celebra con gran éxito a vixésima edición do festival de monicreques

Publicado o 19/05/2019 21:43

Redondela celebra a vinte edición do festival internacional de monicreques. 31 compañías, estranxeiras, españolas e galegas e máis de 90 artistas sorependeron a todos aqueles que se achegaron a gozar dun espectáculo con maiúsculas que chega ás dúas décadas cheo de vitalidade.

A organización do Vixésimo festival de Monicreques axudou aos integrantes da xa clásica ruada da mañá á súa caracterización como personaxes fantásticos. Rendodela foi un conto.
Os autos tolos do Teatro Xip Xap, a música e os xigantes, como nunha rúa musicada de Nova Orleáns ían avanzando cara o centro da vila.

E así, caracterizadas de heroínas, coa música en primeiro plano, a comitiva dos contos, vai chegando aos postos da praza do Concello. Detrás do "O cabaleiro sen cabalo" están as mans e a cabeza de Gerardo Capo Bianco, un clásico do festival de Redondela.

E ata 30 artistas enchen este festival internaciona de monicreques de Redondela que como as festas flamencas duran sete días

 

Noticias web

19/05/2019