CRTVG

Buscar

Redivo volve ao Breogán como mundialista

Publicado o 08/12/2018 20:09
Os lucenses enfróntanse ao Baskonia tras dúas semanas de adestramentos sen os seus internacionais

As ventanas FIBA alteraron os adestramentos breoganistas das dúas últimas semanas debido á ausencia de catro xogadores convocados coas súas seleccións.

Este é o caso de Lucio Redivo quen se reincorporou o mércores ao equipo tras clasificarse con Arxentina para o Mundial da China.

Lucio Redivo. Cafés Candelas Breogán. "Era o que buscabamos, a clasificación para o Mundial da China que por sorte se deu. Puidemos gañar os dous partidos contra Estados Unidos e México. Agora quedan dous partidos máis en febreiro que son iguais de importantes para nós, para seguir mellorando e para prepararnos, pero estar xa dentro do Mundial é unha alegría tremenda".

Tralo éxito internacional, Redivo debe afrontar agora a cruda realidade da Liga na que o Breogán busca a súa terceira vitoria e sair da zona de descenso ante o segundo clasificado, o Baskonia, que ven de vencer na Euroliga ao CSKA nun gran partido de Poirier e Shengelia.

Lucio Redivo. Cafés Candelas Breogán. "Nós imos coas mesmas esperanzas de sempre de tratar de facer un bó xogo e levarnos o partido, sabemos que é un rival difícil, un rival duro, pero o importante é tratar de facer o noso xogo e sacar o encontro adiante".

O Breogán viaxa a Vitoria disposto a poñer o Buesa Arena patas arriba.

 

Noticias web

08/12/2018