CRTVG

Buscar

Recuperando o salmón galego no río Ulla

Publicado o 04/05/2020 21:15

Acompañamos un equipo de Medio Ambiente a unha repoboación de cría de salmóns no río Ulla.

"Se podemos facer plantación de ovos xa facemos. E se non a partir de maio plantamos alevíns e despois no outono facemos unha solta de pre esguíns, que son un pouco máis grande e esta solta que facemos hoxe xa é a última do ciclo, que son esguíns".

As repoboacións de salmón en Galicia comezaron no ano 93. Daquela no Ulla había apenas unha ducia de exemplares. Con eles comezouse a criar en catividade e a obter crías para repoboar nesta e noutras zonas. Hoxe hai poboacións estables de salmón en todos os ríos galegos. Pero o seu número é aínda moi baixo.

Manuel García Rego, axente facultativo medioambiental."Sobreviven a duras penas porque o ríos teñen moitos problemas: contaminación, obstáculos, enfermidades, ocupación de marxes, plantacións ilegais".

O outro gran problema para a recuperación da especie é a sobrepesca. Estes exemplares que acaban de soltar adaptaranse un tempo ao río e despois xuntaranse para migrar ao mar. Se todo vai ben, deberían volver aquí como adultos. Dentro dun ano saberemos cantos conseguiron superar a proba.
 

Noticias web

04/05/2020