CRTVG

Buscar

Recrea o almacén de tecidos que pechou en Allariz hai 25 anos

Publicado o 30/12/2019 21:45

É unha tenda de tecidos e novidades das de antano, en miniatura. Pero unha concreta, a de Delmiro Seara que abriu as súas portas en 1914 en Allariz e pechou 80 anos despois. Non lle falta detalle.

Juan Seara, pediatra xubilado, é o neto e o fillo dos que foron propietarios deste negocio elaborando esta minuciosa maqueta quixo render homenaxe a súa familia de tendeiros, aos clientes e a todos os que viviron de e para o pequeno comercio, hoxe en crise.

Unha representación do balbordo das tendas das vilas e aldeas, no escaparate deste almacén de tecidos, pechado hai 25 anos, no que aínda atesouran tamén pezas de todo un século.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/12/2019