CRTVG

Buscar

Recoñecen a Marina López, de Casa Varela, por toda unha vida nos fogóns

Publicado o 05/03/2020 15:04

Xunto á cociña de leña na que tantas horas pasou, Marina López cóntanos como chegou aos fogóns. Ela era modista, pero con 35 anos tivo que tomar o relevo no restaurante familiar. Dende entón este libro de cociña tradicional de Cunqueiro acompañouna no seu periplo.

Grazas ao seu bo facer, o restaurante, afamado pola súa cociña caseira e o seu cocido, non parou de medrar e agora, xa xubilada, Marina acaba de ser galardoada nos Premios de Gastronomía de Galicia como recoñecemento a toda unha vida nos fogóns.

Agora son os seus fillos os que tomaron a remuda e conforman a terceira xeración á fronte de Casa Varela.

Noticias web

05/03/2020