CRTVG

Buscar

Recomendan preparar os nenos para a saída

Publicado o 23/04/2020 15:02

Para elas comezou a conta atrás. Xa case tocan a fin do confinamento total, pero hai que traballar un pouco máis antes de volver á rúa. Pais e nais teñen que explicarlles que é unha saída con límites.

Hai que establecer normas claras, concretas e expresadas en positivo.

Os nenos e nenas míranse no espello dos pais así que, unha vez na rúa, hai que estar tranquilos e gozar da experiencia. E de volta á casa, poñer en común como foi.

Hai que preparalos para que atopen unha rúa moi diferente á que lembran, e que poidan saír sen sentir medo. Trátase de que gocen desa hora de paseo, pero con seguridade e prudencia.

Noticias web

23/04/2020