CRTVG

Buscar

Recollen 15 toneladas de lixo en tres meses nas praias da Illa de Arousa

Publicado o 06/03/2020 14:34

Foron as queixas dunha persoa a través de Facebook as que lles deron aos membros da confraría da Illa de Arousa a idea de emprender un proxecto de recollida de lixo nas praias da zona, que abranguen un territorio duns 37 quilómetros de costa. Hoxe, tres meses máis tarde, a iniciativa Lixo mariño está a ter unha enorme acollida.

Ademais dos traballadores do mar, veciños da localidade e turistas achegados colaboran na recollida. Unha vez deixan os residuos no punto de referencia que corresponda, notifícano a través do grupo de Facebook do proxecto. Tras isto, os membros da confraría acoden ao lugar para, máis tarde, depositar o lixo no colector situado a carón da lonxa, que arestora está ateigado.

Entre as toneladas de lixo, hai todo tipo de cousas. Principalmente atópanse plásticos, pero algúns días, os procesos de recollida rematan con algunha que outra sorpresa.

Noticias web

06/03/2020

Máis sobre A Illa de Arousa