CRTVG

Buscar

Reclaman que se potencie a investigación no Día Mundial do Alzhéimer

Publicado o 21/09/2020 15:12

É unha enfemidade dexenerativa e incapacitante que, ademais, supón un elevado custo emocional para as familias. O alzhéimer está detras do 70 por cento dos casos de demencia que afectan case un terzo dos maiores de 85 anos. Repercute no enfermo, pero tamén afecta psicoloxicamente os familiares e a calidade de vida dos coidadores directos.

A aparición da pandemia e a suspensión das actividades dos centros de día repercutiu negativamente nos pacientes. O confinamento tamén afectou os coidadores.

Alteracións de conduta que foron moito menores entre a poboación rural posiblemente porque os cambios nas rutinas foron menores.

Neste día mundial, os asociacións de afectados reclaman que se potencie a investigación, a prevención e a detección precoz.

O alzhéimer non ten cura, pero si tratamentos para retardar o avance da enfermidade, a meirande parte deles desenvovidos nestes últimos 20 anos.

Noticias web

21/09/2020